| COMPOSICIÓN E ESTRUCTURA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Para o cumprimento dos seus fins e funcións, a lei configura a composición e estructura do Consello Económico e Social de Galicia en grupos, nos que están representadas as organizacións, entidades e asociacións máis destacadas do ámbito económico e social da comunidade. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 1.- Composición do Consello Económico e Social de Galicia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O CES-Galicia está formado por 35 membros, incluídos o seu presidente e mailo secretario xeral. Os outros 33 membros distribuínse en tres grupos: • Grupo 1: Os seus once membros son designados polas organizacións sindicais máis representativas segundo os resultados das eleccións sindicais. No Consello séntanse 4 membros do Sindicato Nacional CC.OO. de Galicia, 4 membros do sindicato UGT-Galicia e 3 da Confederación Intersindical Galega (CIG) • Grupo 2: Os once membros do Consello encadrados neste grupo representan ás organizacións empresariais e son designados pola Confederación de Empresarios de Galicia. • Grupo 3: Neste grupo agrúpanse as diversas entidades e asociacións cidadáns, culturais e socioeconómicas máis representativas da realidade económica e social de Galicia. O grupo compóñeno 4 membros do sector agrario; 2, do sector marítimo pesqueiro (un da pesca de baixura e outro, da de altura); 2 representantes dos consumidores e usuarios; e 3 das Universidades de Galicia. Cada un destes 33 membros, que son designados polas organizacións, entidades ou asociacións ás que pertencen, ten un suplente para cubri-las súas posibles ausencias ás reunións do Pleno. Cada membro do Consello, agás o secretario xeral, ten un voto persoal e únicamente delegable no seu suplente. O mandato dos membros do CES é de catro anos, renovables por períodos iguais. No trascurso do mesmo, os membros poderán ser substituidos polas entidades, organizacións ou asociacións que os designasen. Neste caso, o novo membro permanecerá no cargo ata o final de período previsto para o seu antecesor. Os membros do CES teñen dereito a participaren con voz e voto nas sesións do Pleno e das comisións das que formen parte; asistiren a calquera das comisións sectoriais e expresaren a súa opinión -previa autorización do seu presiente-; dispoñeren da documentación do Consello e de acceso ós traballos desenvolvidos por calquera dos órganos colexiados; presentaren mocións, suxerencias, textos alternativos e enmendas para a súa consideración e deixaren constancia dos seus votos particulares ós acordos adoptados. No canto dos deberes, os membros do Consello teñen que asistiren ás sesións do Pleno e das comisións ás que pertenzan e participaren nos seus traballos; gardaren reserva sobre as actuacións do Consello cando as o decidan os seus órganos e non faceren uso da condición de membro para exerceren actividades privadas de carácter mercantil ou profesional.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2.- Membros titulares e suplentes do Consello Económico e Social de Galicia nomeados por decreto publicado no DOG do 8 de xullo do 2011 e no DOG do 3 de outubro do 2011: | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Arquivo en formato PDF cos compoñentes ao ano 2011 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|