|
O ámbito obxectivo para o exercicio das funcións atribuidas ó Consello Económico e Social de Galicia, é decir, as competencias do CES, son as materias socioeconómicas directamente vinculadas ó desenvolvemento económico e social de Galicia.
Segundo o acordo tomado polo Consello da Xunta na súa reunión
do d a 18 de febreiro de 1999, enténdese por materias socioeconómicas
as relativas a economía, fiscalidade, emprego e seguridade social, agricultura
e pesca, educación e cultura, saúde, consumo, medio ambiente,
transporte e comunicacións, industria e enerxía, vivenda e mercado único
europeo.
O procedemento para que o Goberno galego solicite a actuación do CES foi definido tamén polo Consello da Xunta na devandita sesión, nos seguintes termos:
1.- Correspóndelle ó Presidente da Xunta solicitar do Consello
Económico e Social de Galicia a emisión de ditames ou informes
sobre anteproxectos de lei, proxectos de decretos lexislativos e plans xerais
ou sectoriais a que se refire o artigo 5.1.1. da Lei 6/1995, do 28 de xuño,
as como aqueloutros dos que a solicitude teña carácter preceptivo.
2.- Os departamentos ou consellerías con competencias para a elaboración
dos anteproxectos, proxectos e plans sinalados no apartado 1 deste acordo,
cando fose preceptivo o informe do Consello Económico e Social de
Galicia, de acordo coa súa lei de creación, interesarano do
presidente da Xunta.
A petición de ditames irá acompañada de toda a documentación
necesaria para se poder pronunciar.
3.- Cando os departamentos ou consellerías competentes estimen
que os anteproxectos, proxectos ou plans a que se refire o punto 1 deste
acordo
non requiren ditame
preceptivo do CES-Galicia, xustificarán o dito extremo mediante a
incorporación ao expediente dunha memoria, asinada polo secretario
xeral, na que se precisen as razóns polas que non se considera preceptivo
o dictame, salvo no caso de que este finalmente se interese.
Cómpre destacar que a existencia na Comunidade Autónoma do Consello
Galego de Relacións Laborais (CGRL), a súa existencia e ámbito
de actuación ven respetada pola propia lei de creación do CES-Galicia
na Disposición Derradeira Primeira, permite excluír do ámbito
de competencias do CES as cuestions relativas ás relacións laborais, strictu
sensu, xa que a competencia para informar ou ditaminar sobre a actividade
normativa na que se concreta a política laboral da Xunta ven atribuida,
pola súa lei de creación, o devandito Consello Galego de Relacions
Laborais (CGRL). Este ámbito queda, polo tanto, fóra da actividade
do CES e na súa Memoria anual, por exemplo, só recolle
os datos ofrecidos polo CGRL.
|