inicio - O Ces - Funcións

Funcións


Entre outras funcións, o CES emite ditames preceptivos sobre anteproxectos de lei e proxectos de decretos lexislativos que regulen materias socioeconómicas directamente vencelladas ao desenvolvemento económico e social de Galicia. Tamén pode ser consultado facultativamente para outros asuntos ou materias non comprendidas no apartado anterior.
 
O Consello tamén elabora informes, por iniciativa propia ou a petición da Xunta, sobre a realidade socioeconómica da Comunidade ou sobre plans o programas de desenvolvemento da mesma. Nese eido, pode dar a coñecer ao Goberno a súa opinión sobre a execución destes plans.
 
A participación en mesas sectoriais xunto con representantes da Administración é outra das funcións do CES.
 
A Lei recolle tamén a obriga de elaborar anualmente e remitir ao Consello da Xunta unha Memoria sobre a situación económica e social de Galicia. Este traballo pode incluir opinións e recomendacións sobre as políticas gubernamentais.