o CES en Europa
Para un mellor cumprimento dos seus fins de representacións dos intereses da sociedade civil organizada de Galicia en todos os ámbitos, e dada a crecente importancia das decisións estratéxicas que son tomadas no nivel comunitario, o CES mantén presencia en instancias europeas a través de mecanismos de participación postos en marcha con organismos homólogos do noso entorno, en particular como membro da Rede Transnacional Atlántica (RTA) e colaborando coas súas propostas no desenvolvemento da Estratexia marítima para a zona do océano Atlántico.
Nestes intres, o CES de Galicia ocupa unha das vicepresidencias da organización.
RTA

qué é | membros | órganos | traballos |
Qué é a RTA
A Rede Transnacional Atlántica (RTA) de consellos económicos e sociais ou organismos homólogos é unha plataforma de cooperación para as organizacións da sociedade civil dentro do Espazo Atlántico. Como establece a súa carta fundacional, está composta polas institucións representativas dos axentes económicos e sociais das rexións atlánticas europeas.
Constituída oficialmente no ano 2003, o principal obxectivo da RTA e desenvolver mecanismos de cooperacións entre os seus socios, organismos que representan a sociedade civil no marco do Espazo Atlántico, coa finalidade de influir sobre as políticas europeas que afectan á fachada atlántica continental.
Para facer efectiva a devandita cooperación, os membros manteñen contactos regulares, intercambian experiencias, colaboran na realización de estudios e informes [posible enlace] e mesmo manifestan pronunciamentos comúns sobre asuntos dos seus ámbitos xeográficos atlánticos, a cooperación mutua ou a elaboración de propostas para un mellor desenvolvemento da integración europea neste espacio.
Os pronunciamentos ou plans de cooperacións rexional que aproba a RTA teñen como destinatario as institucións da Unión Europea, co fin de expresar a súa voz e influir nos foros que deciden as políticas comunitarias para favorecer a integracións destas rexións atlánticas, a súa competitividade e a súa maior cohesión social.
Os membros
A Rede Transnacional Atlántica (RTA) de consellos económicos e sociais agrupa a organismos representativos de España, Francia e Portugal, aínda que está aberta á eventual participación doutras institucións similares que, neste ámbito xeográfico, participen dos seus obxectivos.
Na actualidade, son membros da Rede os seguintes organismos:
– Conseil Economique, Social et Environnemental Regional (CESER) da Basse-Normandie, con sede en Caen.
– CESER da Région Bretagne, de Rennes.
– CESER do Pays de la Loire, con sede en Nantes.
– Conseil Economique, Social et Environnemental de Poitou-Charentes, de Poitiers.
– CESER de Aquitaine, ubicado en Burdeos.
– CESER da Limousin, de Limoges.
– Consejo Económico y Social vasco, situado en Bilbao.
– Consejo Económico y Social de Cantabria, de Santander (a súa actividade está actualmente en suspenso por motivos orzamentarios).
– Consello Económico e Social de Galicia, con sede en Santiago de Compostela.
– Consejo Económico y Social de Canarias, ubicado en Las Palmas de Gran Canaria.
– Instituto de Soldadura e Qualidade, de Porto Salvo (Portugal).
Órganos
A organización da RTA artéllase a través de dous órganos colexiados, o Comité de Orientacións e o Comité Executivo, e a súa presidencia, asistida por catro vicepresidencias.
O Comité de Orientacións é o órgano plenario de decisión: decide temáticas de traballo, valora as propostas dos membros, aproba os informes e é o encargado tamén da difusión das súas conclusións entre as autoridades competentes.
O Comité Executivo ten como principal función organizar os grupos de traballo para dar resposta ás iniciativas aprobadas no Comité de Orientacións.
Na actualidade, a presidencia da RTA correspóndelle ao presidente do CES vasco, Juan María Otaegi Murua, con cadansúas vicepresidencias para a presidenta do CES-Galicia, Corina Porro Martínez; o presidente do CESER de Aquitania, Luc Pabouef; o presidente do CESER-Limousin, Jean-Pierre Limousin; e o representante so ISQ portugués, João Paulo Duarte.
Os traballos da RTA
Dacordo coa súa carta fundacional, revisada en 2011, a fin de realizar o seu cometido, a RTA poderá levar a cabo, entre outras actividades, as seguintes:
- Organizar un seminario anual ou bienal de intercambio de experiencias ou de presentación dos traballos dos diferentes CES sobre algún tema específico.
- Desenvolver a súa influencia preto da Comisión do Arco Atlántico, a traves de opinións consensuadas.
- Realizar estudios que permitan profundizar en temáticas comúns de interese xeral.
Neste marco de referencia, a Rede ten presentando distintos traballos e estudios sobre materias socioeconómicas de especial transcendencia nas rexións atlánticas europeas.
La seguridad del transporte y del tráfico marítimo de mercancías (2005)
La intermodalidad en el transporte de mercancías: puertos y hinterland, transporte marítimo incluido el transporte marítimo de corta distancia (2006),
Transferencia de tecnología e innovación: claves de cooperación para las regionas del Arco Atlántico (2006),
Desarrollo de las energías renovables marinas: condiciones de éxito en las regiones de la RTA del Arco Atlántico (2010),
Puertos y tráfico portuario (2012) (Actualización do estudio de 2006)
Ao carón destes documentos, o CES–Galicia, a través da súa colaboración na RTA, tamén ten contribuido a expresar as opinións da socioedade civil galega sobre aspectos da política comunitaria que afectan dun xeito claro á nosa comunidade, en particular sobre a estratexia marítima integrada para o Atlántico.
A Estratexia marítima para a zona do Océano Atlántica
Co fin de facer efectivo o obxectivo de influir nas políticas comunitarias que afectan aos seus socios, a Rede mantén unha estreita colaboración coa Comisión do Arco Atlántico da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas de Europa. Por suposto, tamén traballa en coordenación co Comité Económico e Social Europeo.
Nese marco de cooperación, tense producido os seguintes documentos:
– Contribución da RTA á consulta pública da Comisión Europea sobre unha estratexia marítima integrada para o océano Atlántico (2010),
– Contribución da RTA sobre a Rede Transeuropea de Transporte – RTE-T (2011)
A última destas aportacións e cooperacións interinstitucional tivo lugar o pasado 28 de novembro de 2012, cando unha representación da RTA, compuesta por representantes dos CES vasco, de Galicia e Canarias e dos CESER franceses de Aquitania e Limousin, participou na presentanción desta estratexia marítima atlántica por parte da Comisión Europea en Lisboa.
Entre outros obxectivos, a presencia dos representantes da Rede sirviu para reforzar a súa visibilidade no contexto comunitario e mesmo para establecer novos contactos para o desenvolvemento da RTA, coa posible integración de novos socios en Portugal, pero tamén en Irlanda ou o Reino Unido.
O Consello Económico e Social seguira a cumprir co seu papel de colaboración activa na RTA como mecanismo para contribuir ao desenvolvemento equilibrado e cohesionado de Galicia no seu entorno.