|
|
||||
| nº 32 (15 outubro - 15 novembro 2004) | ||||
| se ten problemas para visualizar esta páxina, pode ve-la tamén aquí |
||||
CES ANDALUCIA. Informe sobre la situación socioeconómica de Andalucía 2003 [consultar, formato pdf] CES CATALUÑA. Memòria socioeconômica i laboral de Catalunya 2003 [consultar, formato html] CES CEUTA. Memoria 2002 sobre la situación socioeconómica y laboral de la ciudad de Ceuta[consultar, formato pdf] CES EXTREMADURA. Memoria sobre la situación socieconómica de la Comunidad Autónoma de Extremadura 2003[consultar, formato pdf] CES VASCO. Memoria socioeconómica Comunidad Autónoma País Vasco 2003 [consultar, formato pdf]
máis información sobre as actividades dos CES do Estado no portal
|
BUSCAVOZ, un novo servicio de La Voz de Galicia O xornal La Voz de Galicia ven de implantar na súa páxina web este eficiente buscador que permite facer consultas nas novas publicadas na edición dixital dende a súa posta en marcha, en 1997, complementando deste xeito a Hemeroteca xa existente na web. O buscador permite interrogar á base de datos dun xeito sinxelo ou refinando as preguntas por medio de diferentes filtros (palabras no título,subtítulo, texto ou na firma da nova) ou axustando as respostas a edicións ou datas determinadas de publicación. No que se refire ó listado dos resultados, o usuario pode limitar estes a un número determinado ou ordenalos de diferente xeito e como dato importante a ter en conta hai que suliñar o listado de enlaces relacionados que ofrece cada unha das referencias atopadas. GOOGLE DESKTOP: Google smpre un paso por diante No vertixinoso mundo dos buscadores en Internet, Google segue ofrecendo dende o seu laboratorio constantes innovacións para facilitar a obtención de información relevante na Internet. O último destes é Google Desktop, unha aplicación descargable gratuitamente e que permite facer busquedas no noso propio PC con tódalas potencialidades tecnolóxicas do buscador Google. Este motor indexa os arquivos máis comúns (MS Word, Excel, Powerpoint, Txt, Html) asi como ficheiros de correo electrónico (con Outlook Express) e páxinas do historial do navegador IExplorer. Este producto é gratuito e se pode descargar dende aquí. A súa única limitación é que soamente está accesible para PC con sistema operativo Windows XP ou Windows 2000. |
|||
Si non desexa seguir recibindo este Boletín, por favor faga un "reply" a esta mensaxe e daremoslle de baixa na nosa lista |
||||