SECTOR PRIMARIO
Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria Anuario de estatística agraria O Anuario recolle as principais cifras do sector primario galego, cunha desagregación dos datos que chega a nivel municipal en casos determinados. O traballo divídese nos seguintes capítulos:climatoloxía, distribución da superficie territorial, produccións agrícolas, censos gandeiros, enquisa censual de gando porcino, censo de saneamento gandeiro, produccións gandeiras, produccións forestais, incendios forestais, caza e pesca fluvial, salas de incubación, agroindustrias, prezos agrarios, comparación coa UE, axudas, maquinaria, macromagnitudes e unha recompilación da actividade lexislativa e normativa en materia agraria.
Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación Hechos y cifras del sector agroalimentario Esta publicación tamén serve, como o "Manual de estadística agraria", de complemento ó "Anuario de estadística agraria" do Ministerio de Agricultura. Nela téntase explicar as principais características do medio rural, do sector agroalimentario e das políticas deseñadas en favor da promoción dos productos agrarios.
Instituto Galego de Estatística Prezos agrarios: medios de producción e vendas de gando en explotacións de leite Datos estatísticos, mes a mes, dos prezos dos medios de producción agrarios (abonos, doses, sementes, etc) e dos prezos de venda de gando (animais para cría e animais para abasto).
Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria-Dirección Xeral de Industrias e Alimentación Prezos en mercados gandeiros de Galicia Analízase a evolución semanal dos prezos gandeiros nos mercados de Silleda e Santiago de Compostela
Instituto Galego de Estatística / Consellería de Agricultura Prezos do leite  
Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria Directorio da agroindustria galega Este directorio recolle os establecementos industriais da C.A. que efectúan a primeira transformación dos productos agrícolas e gandeiros.O conxunto da agroindustria dividiuse en seis grandes sectores: cárnicas; lácteas; de alimentación animal; vinícolas e de alcohois; de manipulación e procesado de flores, tubérculos e productos hortofructícolas; e por último, un grupo heteroxéneo doutras agroindustrias no que se inclúen todas aquelas actividades que non teñen cabida en nengún dos outros apartados.
Instituto Nacional de Estadística Encuesta sobre la estructura de las explotaciones agrícolas O obxectivo básico desta enquisa é obter información homologable á esixida pola UE ós seus estados membros, e coñecer a estructura actual do sector agrario e a súa evolución respecto ó censo agrario de 1989 e respecto ás enquisas anteriores. Investígaronse 45.391 explotacións agrícolas e os resultados preséntanse a nivel CC.AA.