SITUACIÓN ECONÓMICA
Hispalink-Galicia Situación y perspectivas económicas de Galicia O grupo Hispalink emprega información do INE e estimacións propias para analizar e revisar a situación conxuntural da economía das diferentes CC.AA. No caso da galega, Hispalink-Galicia realiza este boletín no que analiza a situación conxuntural, establece previsións para cada sector económico e presenta unha lista de suxerencias en materia de política económica para correxir a situación.
Insituto de Estudios Económicos de Galicia Pedro Barrié de la Maza Síntese económica de Galicia O Instituto de Estudios Económicos de Galicia, da Fundación Barrié de la Maza, realiza periodicamente esta análise do momento económico da C.A. comparando os principais indicadores (indicadores xerais, industria, construcción, servicios, indicadores de demanda, mercado de traballo, prezos e salarios e comercio exterior) cos do Estado.
La Caixa-Servicio de Estudios Informe Mensual O Servicio de Estudios de La Caixa analiza a conxuntura da economía española, a conxuntura internacional (Xapón e EE.UU, especialmente) e a evolución das principais macromagnitudes da zona Euro. Mensualmente, tamén ofrece unha evolución dos recursos de acreedores das caixas de aforros, agrupadas por CC.AA.
OCDE Main Economic Indicators Trátase da estatistica conxuntural básica das que publica a OCDE. Dende o mes de marzo de 2000, inclúe tamén datos correspondentes a países non membros da organización.
OCDE Economic Outlook A OCDE realiza unhas previsións económicas periódicas nas que adianta os principais datos macroeconómicos para EE.UU. Xapón, a zona Euro, os países da UE-15 e para o total dos membros da OCDE.
Instituto Nacional de Estadística Contabilidad Nacional de España.Base 1995 Estatística de síntese que ten como obxectivo básico proporcionar unha descripción cuantitiativa do conxunto da actividade económica española, a través dun cadro macroeconómico trimestral, elaborado dende a óptica de oferta e da demanda. Axústase á Contabilidade Nacional de España de carácter anual.
Os principais agregados que contén son: VEB a prezos básicos, PIB a prezos de mercado, gastos en consumo final, formación bruta de capital fixo,renda nacional a prezos de mercado, renda disponible, etc. Dende abril de 1999, realizase segundo a metodoloxía SEC-1995.
Instituto Galego de Estatística Contabilidade Trimestral de Galicia Datos do VEB a prezos constantes de 1986 e variacións trimestrais, dende 1980, distribuidos por sectores económicos.
Instituto Nacional de Estadística Indices de Precios Industriales Mide a evolución mensual dos prezos dos productos industriais fabricados e vendidos no mercado interior, no primeiro paso da súa comercialización, é dicir, dos prezos de venda á saída de fábrica obtidos polos establecementos industriais nas transaccións que estes efectuan, excluindo os gastos de transporte, comercialización e o IVE facturado. A Enquisa investiga máis de 6.000 establecementos comerciais cunha cobertura que extende a tódolos sectores industriais excepto á construcción. O IPRI actual ten base 1990 e unha metodoloxía armonizada coa dos países da UE. Ofrece datos correspondentes ó indice xeral de prezos e os prezos clasificados en base á CNAE e por destino económico dos bens.
Instituto Nacional de Estadística Indices de Precios de Consumo Medida estatística da evolución do conxunto de prezos dos bens e servicios que consume a poboación residente en vivendas familiares en España. Na actualidade, o INE emprega a base 1992 . Para cada mes os ficheiros conteñen a seguinte información: índices xerais e de grupos de gasto, índices de grupos especiais, índices nacionais de rúbricas, índices xerais e de grupos das CC.AA e índices xerais de provincias.
Instituto Nacional de Estadística Encuesta de Salarios en la Industria y los Servicios O obxectivo desta estatística é proporcionar información dos niveis e da evolución da ganancia media por hora, a ganancia media por traballador e mes e o número medio de horas traballadas. A enquisa investiga cada trimestre uns 9.500 establecimientos de tódolo territorio estatal, e un ámbito poboacional relativo a tódolos asalariados que exercen a súa actividade laboral en centros con 5 ou máis traballadores, calquera que sexa a súa modalidade de contrato e a súa xornada laboral. A desagregación dos datos chega a nivel de C.A. e a súa cobertura sectorial exténdese a 45 ramas de actividade económica. No derradeiro trimestre de cada ano a información diferénciase por sexos.