PROTECCIÓN SOCIAL
Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales-Subdirección General de Estadísticas Laborales y Sociales Prestaciones no contributivas O Ministerio ofrece, dentro do "Boletín de Estadisticas Laborales" e a partir dos ficheiros de xestión do IMSERSO e da Seguidad Social información sobre as seguintes prestacions: pensións non contributivas, pensións asistenciais e prestacións sociais e económicas da LISMI. A información ofrécese para o total do Estado e para as CC.AA.
Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales-Subdirección General de Estadísticas Laborales y Sociales Prestaciones por desempleo Dentro do "Boletín de Estadísticas Laborales", preséntanse datos correspondentes ás prestacións por desemprego, nos seus dous niveis, contributivo e asistencial, provenientes dos ficheiros do INEM. Ofrécese información para cada provincia.
Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales-Subdirección General de Estadísticas Laborales y Sociales Pensiones contributivas del sistema de la Seguridad Social Dentro do Boletín de Estadísticas Laborales do Ministerio, atópase esta estatística que inclue datos sobre 4 tipos de pensións: incapacidade permanente, xubilación, viúdez e orfandade e favor de familiares. Os datos desagregados ata niveis de C.A., fan referencia a altas e baixas, e pensións e importes medios destas segundo tipo e rexime. A información procede dos ficheiros de xestión do INSS.
Instituto Galego de Estatística Seguridade Social (Traballadores afiliados en alta laboral) A partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, o IGE ofrece información mensual e medias anuais dos traballadores galegos afiliados ós reximes da Seguridad Social. A información distribúese segundo reximes (total da C.A. e datos provinciais) e ramas de actividades da CNAE-74 (soamente total da C.A.)
Instituto Nacional de Estadística Estadística de indicadores hospitalarios Esta estatística ven a complementar á "Estadística de Establecimientos Sanitarios con Regimen de Internado", que tamén elabora o INE. Esta pretende ofrcer unha información resumida e sintética da actividade asistencial que ten lugar en tódolos centros hospitalarios do Estado, así como dos recursos humanos e a dotación de medios materiais coa que contaron para realizala. A desagregación dos datos chega a nivel de C.A.