POBOACIÓN E DEMOGRAFÍA
Instituto Nacional de Estadística Extranjeros residentes en España Neste traballo estatístico, o INE recolle o número de estranxeiros residentes en España. A información elabórase a partir dos datos proporcionados polo Registro de Extranjeros Residentes da Dirección General da Policía do Ministerio del Interior. No resumo de resultados que se dispón na páxina web, pode atoparse información do efectivo de estranxeiros residentes nas CC.AA.
Instituto Nacional de Estadística Cifras oficiales de población Esta estatística presenta as cifras de poboación referidas ó 1 de xaneiro de 1998, que son as resultantes da revisión do Padrón municipal de 1996, e que foron declaradas oficiais polo Goberno central mediante Real Decreto en marzo de 1999. A partir de este momento o INE vai presentar cifras de poboación con carácter anual, a diferencia do que sucedía anteriormente en que as cifras oficiais obtenianse como moito cada 5 anos. A información detallada que ofrece o INE fai referencia á Revisión do Padrón Municipal de Habitantes a 1 de xaneiro de 1998 e á Renovación do Padrón Municipal de Habitantes a 1 de mayo de 1996
Instituto Nacional de Estadística Población de municipios a 1-5-1996 O INE presenta os datos de poboación en tódolos municipios do Estado a 1 de maio de 1996 e a súa distribución entre homes e mulleres.
Instituto Nacional de Estadística Movimiento natural de la población A publicación recolle información a nivel estatal e por CC.AA. de nacementos, defuncións, matrimonios e crecemento vexetativo.
Instituto Galego de Estatística Padrón municipal de habitantes e estatística de poboación Aproveitando a Renovación Padroal de 1996, o IGE en cooperación cos concellos galegos puxo en marcha a realización desta Estatistica de Poboación de Galicia, mediante a cal se pretende obter datos demográficos e sociais da poboación dos municipios galegos, complementarios dos que son obrigatorios de cumprimentar no Padrón. Para cada concello ofrecese información sobre: poboación de dereito segundo sexo, grupos de idade e lugar de nacemento, poboación de 10 e máis anos segundo titulación academica, poboación de 16 e máis anos segundo relación coa actividade económica, poboación ocupada segundo rama de actividade económica, profesión e situación profesional e poboación parada segundo sector de actividade económica.
Instituto Nacional de Estadística Estadística de variaciones residenciales A estatística é elaborada polo INE a partir da explotación da información relativa ás altas e baixas nos padróns municipais debidas a cambios de residencia, obtendo así os fluxos migratorios anuais, tanto os interiores entre os diferentes municipios de España, como o fluxo inmigratorio procedente do estranxeiro
Ofrece os seguintes datos: migracións interiores (saldo migratorio segundo CC.AA.); inmigracións procedentes do estranxeiro (segundo C.A de destino e segundo país de procedencia); e efectivos estranxeiros residentes en España (segundo C.A. de residencia e segundo país de procedencia).
Instituto Galego de Estatística Movementos migratorios O IGE ofrece estes datos cun nivel de desagregación territorial que chega a concellos e comarcas. Preséntanse datos sobre emigrantes, inmigrantes, saldo migratorio e migracións interprovinciais.
Instituto Galego de Estatística Movemento natural da poboación O IGE recolle na súa páxina web información sobre o movemento natural da poboación para o total da C.A., cada unha das provincias e cada un dos concellos. A información agrúpase en 3 series: nacementos, defuncións e matrimonios.