INFORMACIÓN ESTATÍSTICA XERAL
Instituto Galego de Estatística Series socioeconómicas de conxuntura de Galicia A base de datos recolle series con datos estatísticos básicos para o estudio da economía galega. Estas series reúnense en 10 grandes grupos: Agricultura e pesca, Comercio exterior, Enerxia,industria e construcción, Indicadores mercantís e financeiros, IPC, IPC especiais, Mercado de traballo, Opinións empresariais, Prezos salarios e rendas, e Turismo, transportes e comunicacións.
Instituto Galego de Estatística Galicia en cifras O IGE reúne cada ano os datos estatísticos máis importantes da C.A. a partir de moi diversas fontes de información. Cada volume atópase dividido nos seguintes capítulos: Territorio e climatoloxía, Poboación e movemento natural da poboación, Vivenda e hábitat, Traballo e actividade, Agricultura, gandería e pesca, Enerxía,industria e construcción, Educación e cultura, Sanidade e seguros sociais, Transporte e comunicacións, Comercio e turismo, Finanzas, seguros e outros servicios, Administración pública, Macromagnitudes económicas, Xustiza, rexistros e notariado, Eleccións e Galicia na Unión Europea. Como remate, o volume contén un anexo de Datos municipais, coas principais variables económicas e sociais para cada un dos 315 concellos da C.A.
Instituto Nacional de Estadistica de Portugal Indicadores Estadisticos Gerais: principais indicadores por Regiâo O INE de Portugal recolle nunha táboa os últimos datos dos principais indicadores estatísticos da rexións portuguesas, seguindo a clasificación NUTS da UE. Ofrécense datos de: PIB, IPC, rendas familiares, poboación empregada, taxas de paro e poder de compra.
Instituto Nacional de Estadistica de Portugal Retratos territoriais Trátase dun sistema que permite buscar información estatística relevante de Portugal, segundo diferentes niveis territoriais, en base á clasificación en Rexións NUTS I, II e III da UE.
Banco de España Boletín Estadístico Este Boletín recopila as estatísticas económicas elaboradas polo Banco de España -sistema crediticio, outras institucións financeiras, mercados financeiros, Administracións Públicas e balanza de pagos- e contén un resumo de estatísticas económicas xerais, elaboradas polo INE e outros organismos públicos, e de indicadores doutros países. As series que contén son de periodicidade mensual ou trimestral.
Os números correspondentes ós meses de marzo, xuño, outubro e decembro inclúen un suplemento trimestral.
Instituto Nacional de Estadística Boletín Mensual de Estadística A publicación, que presenta un amplo conxunto de información estatística cubrindo os aspectos demográfico, social e económicos do Estado, se centra en indicadores de alta frecuencia de aparición (mensual ou trimestral), asegurando así a actualidade dos datos. A base da informacion é o banco de datos TEMPUS, de series cronolóxicas. O BME dividese nos seguintes capítulos: Demografía, Trabajo, Sanidad, Cultura, Justicia, Contabilidad, Precios y salarios, Consumo e inversión, Finanzas y empresas, Comercio exterior, Agricultura, Industria, Construcción, Transportes y Comunicaciones, Turismo. Sector público y seguridad social, Internacional, Regional y Climatología.
Banco Central Europeo Boletín mensual O Boletin do BCE recolle tódolos datos estatísticos de interés para analizar a evolución economica da zona euro. Para a zona euro divide a información nos seguintes capítulos: estatísticas de política monetaria, evolución monetaria mercados financeiros e tipos de xuros, indice de prezos armonizado e outros prezos, indicadores da economía real, aforro, investimento e financiamento, deficit, debeda e operacións das AA.PP., balanza de pagos e posición de reservas do Eurosistema, comercio exterior de bens e servicios, e tipos de cambio. Ademáis tamén ofrece variables económicas doutros estados membros da UE non da zona euro e doutros países de fora da UE.
Banco Central Europeo Informe anual O Informe recolle a evolución anual do entorno económico relevante para a política monetaria, tanto nos estados membros da zona Euro como nos que aíndan non teñen adoptada esta moeda. Dispón dun considerable conxunto de datos estatísticos que serven de apoio á análise.
OCDE OECD in Figures Este anuario analiza en diferentes capítulos a evolución das principais cifras económicas dos países membros da OCDE.