| Instituto Nacional de Estadística |
Indice
de Producción Industrial |
É un indicador
que mide a evolución mensual da actividade productiva das ramas
industriais, excluida a construcción, contidas na CNAE-93 . Para
a súa realízase unha enquisa que investiga tódolos
meses máis de 9.000 establecimientos. Calcúlanse índices
para o total da industria e dos sectores industriais segundo a CNAE,
e ademáis preséntanse os índices cunha clasificación
alternativa, segundo o destino económico dos bens. Obtense tamén
un indice xeral por CC.AA. calculando a estructura de ponderacións
en cada comunidade e aplicando este sistema de pesos, diferente en cada
territorio, ós índices das distintas actividades industriales.
O actual IPIE , base 1990, é reforma do anterior, base 1972 e
presenta a súa metodoloxía armonizada co IPI dos países
da UE. |
| Instituto Nacional de Estadística |
Encuesta
Industrial de Empresas |
Trátase
dunha enquisa anual que ten como obxectivo fundamental proporcionar información
dos diversos sectores que constitúen a actividade industrial.
A enquisa refírese ó conxunto de empresas con actividade
principal industrial (seccións C a E da CNAE-93) e ubicadas no
territorio estatal. A cada enquisado se lle solicita a información
máis relevante para estudia- la situación estructural da
actividade industrial dende a óptica dos ingresos e dos gastos.
Ademáis obteñense datos sobre o investimento realizado
e os impostos sobre a actividade productiva. Os resultados ofrecense
a nivel nacional para cada un dos 100 sectores considerados e por CC.AA.
para 13 agrupacións de actividad. |
| Instituto Nacional
de Estadística |
Encuesta
Industrial Anual de Productos |
Trátase
dunha operación estatística anual destinada a proporcionar,
no menor tempo posible, unha información precisa e fiable sobre
un conxunto de productos industriais (ó rredor de 5000) que cubren
unha parte importante do sector industrial español. Estes productos
definense a partir da lista PRODCOM da UE, lista de productos e servicios
industriais harmonizados coa Clasificación do Comercio Exterior
ou coa Nomenclatura Combinada da UE, co que se facilita a comparacion
entre as estatísticas de producción industrial coas de
comercio exterior. As táboas ofrecen unha valoración individualizada
dos principais productos industriais, con detalle ata nivel de C.A. e
14 grandes grupos de actividades, segundo a CNAE-93. |