| INFORMACIÓN ESTATÍSTICA XERAL |
| Instituto Galego de Estatística |
Series
socioeconómicas de conxuntura de Galicia |
A base de datos recolle
series con datos estatísticos básicos para o estudio
da economía galega. Estas series reúnense en 10 grandes
grupos: Agricultura e pesca, Comercio exterior, Enerxia,industria
e construcción, Indicadores mercantís e financeiros,
IPC, IPC especiais, Mercado de traballo, Opinións empresariais,
Prezos salarios e rendas, e Turismo, transportes e comunicacións. |
| Instituto Galego de Estatística |
Galicia
en cifras |
O IGE reúne
cada ano os datos estatísticos máis importantes da
C.A. a partir de moi diversas fontes de información. Cada
volume atópase dividido nos seguintes capítulos:
Territorio e climatoloxía, Poboación e movemento
natural da poboación, Vivenda e hábitat, Traballo
e actividade, Agricultura, gandería e pesca, Enerxía,industria
e construcción, Educación e cultura, Sanidade e seguros
sociais, Transporte e comunicacións, Comercio e turismo,
Finanzas, seguros e outros servicios, Administración pública,
Macromagnitudes económicas, Xustiza, rexistros e notariado,
Eleccións e Galicia na Unión Europea. Como remate,
o volume contén un anexo de Datos municipais, coas principais
variables económicas e sociais para cada un dos 315 concellos
da C.A. |
| Instituto Nacional de Estadistica de
Portugal |
Indicadores
Estadisticos Gerais: principais indicadores por Regiâo |
O INE
de Portugal recolle nunha táboa os últimos datos
dos principais indicadores estatísticos da rexións
portuguesas, seguindo a clasificación NUTS da UE. Ofrécense
datos de: PIB, IPC, rendas familiares, poboación empregada,
taxas de paro e poder de compra. |
| Instituto Nacional de Estadistica de
Portugal |
Retratos
territoriais |
Trátase
dun sistema que permite buscar información estatística
relevante de Portugal, segundo diferentes niveis territoriais,
en base á clasificación en Rexións NUTS I,
II e III da UE. |
| Banco de España |
Boletín
Estadístico |
Este
Boletín recopila as estatísticas económicas
elaboradas polo Banco de España -sistema crediticio, outras
institucións financeiras, mercados financeiros, Administracións
Públicas e balanza de pagos- e contén un resumo de
estatísticas económicas xerais, elaboradas polo INE
e outros organismos públicos, e de indicadores doutros países.
As series que contén son de periodicidade mensual ou trimestral.
Os números correspondentes ós meses de marzo, xuño,
outubro e decembro inclúen un suplemento trimestral. |
| Instituto Nacional de Estadística |
Boletín
Mensual de Estadística |
A publicación,
que presenta un amplo conxunto de información estatística
cubrindo os aspectos demográfico, social e económicos
do Estado, se centra en indicadores de alta frecuencia de aparición
(mensual ou trimestral), asegurando así a actualidade dos
datos. A base da informacion é o banco de datos TEMPUS,
de series cronolóxicas. O BME dividese nos seguintes capítulos:
Demografía, Trabajo, Sanidad, Cultura, Justicia, Contabilidad,
Precios y salarios, Consumo e inversión, Finanzas y empresas,
Comercio exterior, Agricultura, Industria, Construcción,
Transportes y Comunicaciones, Turismo. Sector público y
seguridad social, Internacional, Regional y Climatología. |
| Banco Central Europeo |
Boletín
mensual |
O Boletin
do BCE recolle tódolos datos estatísticos de interés
para analizar a evolución economica da zona euro. Para a
zona euro divide a información nos seguintes capítulos:
estatísticas de política monetaria, evolución
monetaria mercados financeiros e tipos de xuros, indice de prezos
armonizado e outros prezos, indicadores da economía real,
aforro, investimento e financiamento, deficit, debeda e operacións
das AA.PP., balanza de pagos e posición de reservas do Eurosistema,
comercio exterior de bens e servicios, e tipos de cambio. Ademáis
tamén ofrece variables económicas doutros estados
membros da UE non da zona euro e doutros países de fora
da UE. |
| Banco Central Europeo |
Informe
anual |
O Informe
recolle a evolución anual do entorno económico relevante
para a política monetaria, tanto nos estados membros da
zona Euro como nos que aíndan non teñen adoptada
esta moeda. Dispón dun considerable conxunto de datos estatísticos
que serven de apoio á análise. |
| OCDE |
OECD
in Figures |
Este
anuario analiza en diferentes capítulos a evolución
das principais cifras económicas dos países membros
da OCDE. |
| SITUACIÓN ECONÓMICA |
| Hispalink-Galicia |
Situación
y perspectivas econ ómicas de Galicia |
O grupo Hispalink
emprega información do INE e estimacións propias
para analizar e revisar a situación conxuntural da economía
das diferentes CC.AA. No caso da galega, Hispalink-Galicia realiza
este boletín no que analiza a situación conxuntural,
establece previsións para cada sector económico
e presenta unha lista de suxerencias en materia de política
económica para correxir a situación. |
| Insituto de Estudios Económicos de Galicia
Pedro Barrié de la Maza |
Síntese
económica de Galicia |
O Instituto de Estudios
Económicos de Galicia, da Fundación Barrié de
la Maza, realiza periodicamente esta análise do momento
económico da C.A. comparando os principais indicadores
(indicadores xerais, industria, construcción, servicios,
indicadores de demanda, mercado de traballo, prezos e salarios
e comercio exterior) cos do Estado. |
| La Caixa-Servicio de Estudios |
Informe
Mensual |
O Servicio
de Estudios de La Caixa analiza a conxuntura da economía
española, a conxuntura internacional (Xapón e EE.UU,
especialmente) e a evolución das principais macromagnitudes
da zona Euro. Mensualmente, tamén ofrece unha evolución
dos recursos de acreedores das caixas de aforros, agrupadas por
CC.AA. |
| OCDE |
Main
Economic Indicators |
Trátase
da estatistica conxuntural básica das que publica a OCDE.
Dende o mes de marzo de 2000, inclúe tamén datos
correspondentes a países non membros da organización. |
| OCDE |
Economic
Outlook |
A OCDE
realiza unhas previsións económicas periódicas
nas que adianta os principais datos macroeconómicos para
EE.UU. Xapón, a zona Euro, os países da UE-15 e
para o total dos membros da OCDE. |
| Instituto Nacional de Estadística |
Contabilidad
Nacional de España.Base 1995 |
Estatística
de síntese que ten como obxectivo básico proporcionar
unha descripción cuantitiativa do conxunto da actividade
económica española, a través dun cadro macroeconómico
trimestral, elaborado dende a óptica de oferta e da demanda.
Axústase á Contabilidade Nacional de España
de carácter anual.
Os principais agregados que contén son: VEB a prezos básicos,
PIB a prezos de mercado, gastos en consumo final, formación bruta
de capital fixo,renda nacional a prezos de mercado, renda disponible, etc.
Dende abril de 1999, realizase segundo a metodoloxía SEC-1995. |
| Instituto Galego de Estatística |
Contabilidade
Trimestral de Galicia |
Datos
do VEB a prezos constantes de 1986 e variacións trimestrais,
dende 1980, distribuidos por sectores económicos. |
| Instituto Nacional de Estadística |
Indices
de Precios Industriales |
Mide
a evolución mensual dos prezos dos productos industriais
fabricados e vendidos no mercado interior, no primeiro paso da
súa comercialización, é dicir, dos prezos
de venda á saída de fábrica obtidos polos
establecementos industriais nas transaccións que estes
efectuan, excluindo os gastos de transporte, comercialización
e o IVE facturado. A Enquisa investiga máis de 6.000 establecementos
comerciais cunha cobertura que extende a tódolos sectores
industriais excepto á construcción. O IPRI actual
ten base 1990 e unha metodoloxía armonizada coa dos países
da UE. Ofrece datos correspondentes ó indice xeral de
prezos e os prezos clasificados en base á CNAE e por destino
económico dos bens. |
| Instituto Nacional de Estadística |
Indices
de Precios de Consumo |
Medida
estatística da evolución do conxunto de prezos
dos bens e servicios que consume a poboación residente
en vivendas familiares en España. Na actualidade, o INE
emprega a base 1992 . Para cada mes os ficheiros conteñen
a seguinte información: índices xerais e de grupos
de gasto, índices de grupos especiais, índices
nacionais de rúbricas, índices xerais e de grupos
das CC.AA e índices xerais de provincias. |
| Instituto Nacional de Estadística |
Encuesta
de Salarios en la Industria y los Servicios |
O obxectivo
desta estatística é proporcionar información
dos niveis e da evolución da ganancia media por hora,
a ganancia media por traballador e mes e o número medio
de horas traballadas. A enquisa investiga cada trimestre uns
9.500 establecimientos de tódolo territorio estatal, e
un ámbito poboacional relativo a tódolos asalariados
que exercen a súa actividade laboral en centros con 5
ou máis traballadores, calquera que sexa a súa
modalidade de contrato e a súa xornada laboral. A desagregación
dos datos chega a nivel de C.A. e a súa cobertura sectorial
exténdese a 45 ramas de actividade económica. No
derradeiro trimestre de cada ano a información diferénciase
por sexos. |
| EMPREGO, MERCADO DE TRABALLO E
DESENVOLVEMENTO DE EMPRESAS |
| Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales-Subdireccion
General de Estadísticas Sociales y Laborales |
Anuario
de estadísticas laborales y de asuntos sociales |
O Anuario estructúrase
en 4 bloques básicos: mercado de traballo, formación
profesional e medidas de apoio ó emprego, condicións
de traballo e relacións laborais e protección e
apoio social. Ofrece información para o ano de referencia
e datos dos 4 anos anteriores. |
| Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales-Subdirección
General de Estadísticas Laborales y Sociales |
Boletín
de Estadísticas Laborales |
O Boletín
recolle mensualmente tódalas cifras sobre o mercado de
traballo no Estado, dividíndoas en diferentes puntos:
EPA, Encuesta de Coyuntura Laboral, Movimiento Laboral Registrado,
Afiliación de trabajadores al sistema de la Seguridad
Social, Empresas inscritas en la Seguridad Social, Apertura de
centros de trabajo, Empresas de trabajo temporal, Cooperativas,
Sociedades Laborales, Permisos de trabajo a extranjeros, Accidentes
de trabajo y enfermedades profesionales, Convenios colectivos,
Huelgas, Encuesta de salarios, Asuntos judiciales sociales, Mediacion,
arbitraje y conciliación, Regulación de empleo,
Fondo de Garantía Salarial, Pensiones contributivas del
sistema de la Seguridad Social, Prestaciones no contributivas
e Prestaciones por desempleo.
Os datos preséntanse en taboas con series anuais dende 1990 na maioria
dos casos. A desagregación chega a nivel provincia. |
| Instituto Nacional de Estadística |
Encuesta
del Coste de la Mano de Obra |
Trátase
dunha operación estatísticaa cuatrienal, realizada
no marco da UE con criterios comúns de metodolóxicos
co fin de obter unha serie de resultados comparables entre tódolos
estados membros. A unidade estatística empregada é a
conta de cotización á Seguridade Social pertencentes
a empresas con dez ou máis traballadores dados de alta
en decembro do ano de referencia. A enquisa investiga tódolos
centros que teñan como actividade económica a Industria,
Construcción e Servicios, é dicir, os que están
incluidos entre as seccións C e K da CNAE-93.
Os componentes dos custos laborais dos que a enquisa ofrece datos son:
soldos e salarios brutos, cotizacións obligatorias á Seguridad
Social, cotizacións voluntarias, prestacións sociais directas,
indemnizacións por despido, outros gastos (en formación profesional,
transporte, etc.), subvencións e custos netos. |
| Instituto Nacional de Estadística |
Encuesta
de Población Activa |
A finalidade
principal da EPA é obter datos da forza de traballo e
das súas diversas categorías (ocupados, parados)
así como da poboación allea ó mercado laboral
(inactivos). A mostra inicial é de 70.000 familias ó trimestre,
quedando reducida na práctica a aproximadamente 65.000
familias entrevistadas dun xeito efectivo, o que equivale a unhas
200.000 persoas. Os datos de ocupados, parados, e as taxas de
ocupación e paro teñen unha desagregación
xeográfica ata o nivel provincia. |
| Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales |
Estadística
de accidentes de trabajo 19... |
Recolle
exclusivamente os datos de accidentes que causan baixa do traballador
e teñen ocurrido durante a xornada de traballo. Os datos
poden diferir lixeiramente dos publicados no "Boletin de
Estadísticas Laborales". Os datos desta estatística
deben considerarse os definitvos. |
| Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales |
Estadística
de convenio colectivos de trabajo 19... |
Ofrece
información sobre convenios colectivos que inician os
seus efectos no ano de referencia. Os datos compleméntanse
cun comentario sobre as cifras. |
| Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales |
Estadística
de huelgas y cierres patronales 19.. |
Ofrece
os datos estatísticos máis relevantes da conflictividade
laboral durante o ano de referencia, complementando a información
que se recolle mensualmente no Boletín de Estadísticas
Laborales. As táboas estructúranse en dous bloques:
dunha banda, conflictos desenvolvidos no ano, con datos sobre
folgas e peches patronais; e doutra banda, ofrécese información
complementaria sobre a repercusión territorial dos conflictos,
chegando ata niveis provinciais. |
| Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales |
Estadística
de regulación de empleo 19.. |
O obxectivo
da publicación é ofrecer información estatística
sobre os expedientes de regulación de emprego rematados
durante o ano de referencia e especialmente ó referido ós
expedientes autorizados e ós traballadores afectados polos
mesmos. A información complementa á difundida no
Boletín de Estadísticas Laborales do propio Ministerio |
| Instituto Nacional de Empleo |
Estadística
de empleo |
A estatística
ofrece, a partir dos ficheiros administrativos das oficinas de
emprego e do ISM, información sobre: altas e baixas de
demanda de emprego e causas da baixa, demandantes de emprego
(paro rexistrado), ofertas rexistradas, baixa de ofertas, colocacións
(xestionadas polas oficinas ou comunicadas ás oficinas
polos empregadores) e postos de traballo ofrecidos. A información
pode ser consultada mensualmente ou ben por anos dende 1996.
A desagregación dos datos chega a niveis provinciais. |
| Instituto Nacional de Empleo |
Estadística
de contratos registrados |
Ofrece
información sobre os diferentes tipos de contatos rexistrados
nas oficinas de emprego segundo modalidades de contratación,
sectores de actividade económica, grupos de ocupación
e colectivos contratados. A información recolle datos
mensuais e acumulados dende decembro de 1996 e a desagregación
chega o nivel provincia no caso da información segundo
tipo de contratos. |
| Instituto Galego de Estatística |
Enquisa
de Poboación Activa en Galicia |
O IGE
explota os datos trimestrais da EPA e ofrece información
detallada sobre as variables básicas para a análise
do mercado de traballo en Galicia. A información divídese
en dous grupos: dunha banda, os datos desglósanse por
provincias e doutra, ofrecese información para o total
de Galicia. En ambolos dous grupos, os distintos cadros recollen
información do trimestre anterior. |
| Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales |
Estadística
de mediación, arbitraje y conciliación 19... |
O seu
obxectivo é proporcionar información estatística
sobre as conciliacións e mediacións entre empresarios
e traballadores realizadas ó longo do ano de referencia
diante da autoridade laboral competente. O primeiro apartado
contén información sobre as conciliacións
individuais, as colectivas e as mediacións levadas a cabo
en tódolo territorio estatal. O segundo apartado ofrece
información sobre aquelas conciliacións rematadas
en despedimentos. |
| Instituto Nacional de Estadística |
Estadística
de Sociedades Mercantiles |
O obxectivo
desta estatística é medi-la demografía das
sociedades, ofrecendo datos mensuais das sociedades creadas,
das sociedades disoltas e daquelas nas que se produciron modificacións
de capital. Preséntanse os datos por provincias, comunidades
autónomas e total estatal a partir dos datos suministrados
polo Registro Mercantil Central que recolle información
de tódolo territorio estatal. A fonte concreta dos datos
son as inscricións de sociedades e a data de referencia é a
da inscrición da operación. |
| Instituto Nacional de Estadística |
Estadística
de Suspensiones de pagos y Declaraciones de quiebras |
Recolle
información sobre o número de expedientes de suspensións
de pagamentos e declaracións de quebra que se inician
nos Xulgados de Primera Instancia e Instrucción no Estado.
O mes de referencia é aquel no que se inicia o expediente.
Preséntanse datos a nivel provincial do número
de suspensións e quebras, así como do activo e
pasivo das empresas que están nesas situacións.Tamén
se clasifican segundo actividad económica e natureza xurídica
da empresa, a clase de quebra, a causa da suspensión e
a proposición de pago. |
| Consorcio Zona Franca de Vigo-Servicios
Avanzados |
Ardan
Galicia: Directorio e informe económico financiero |
A Guía
obtén os datos a partir das contas que as empresas depositan
anualmente no Registro Mercantil.Dende o numero correspondente
a 1999, inclúese na Guía unha análise das
chamadas "empresa gacela" e das empresas de alto rendemento,
así como unha análise das actividades empresariais
segundo comarcas. |
| SECTOR PRIMARIO |
| Consellería de Agricultura, Gandería
e Política Agroalimentaria |
Anuario
de estat ística agraria |
O Anuario recolle
as principais cifras do sector primario galego, cunha desagregación
dos datos que chega a nivel municipal en casos determinados.
O traballo divídese nos seguintes capítulos:climatoloxía,
distribución da superficie territorial, produccións
agrícolas, censos gandeiros, enquisa censual de gando
porcino, censo de saneamento gandeiro, produccións gandeiras,
produccións forestais, incendios forestais, caza e pesca
fluvial, salas de incubación, agroindustrias, prezos agrarios,
comparación coa UE, axudas, maquinaria, macromagnitudes
e unha recompilación da actividade lexislativa e normativa
en materia agraria. |
| Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación |
Hechos
y cifras del sector agroalimentario |
Esta publicación
tamén serve, como o "Manual de estadística
agraria", de complemento ó "Anuario de estadística
agraria" do Ministerio de Agricultura. Nela téntase
explicar as principais características do medio rural,
do sector agroalimentario e das políticas deseñadas
en favor da promoción dos productos agrarios. |
| Instituto Galego de Estatística |
Prezos
agrarios: medios de producción e vendas de gando en
explotacións de leite |
Datos
estatísticos, mes a mes, dos prezos dos medios de producción
agrarios (abonos, doses, sementes, etc) e dos prezos de venda
de gando (animais para cría e animais para abasto). |
| Consellería de Agricultura,
Gandería e Política Agroalimentaria-Dirección
Xeral de Industrias e Alimentación |
Prezos
en mercados gandeiros de Galicia |
Analízase
a evolución semanal dos prezos gandeiros nos mercados
de Silleda e Santiago de Compostela |
| Instituto Galego de Estatística
/ Consellería de Agricultura |
Prezos
do leite |
|
| Consellería de Agricultura,
Gandería e Política Agroalimentaria |
Directorio
da agroindustria galega |
Este
directorio recolle os establecementos industriais da C.A. que
efectúan a primeira transformación dos productos
agrícolas e gandeiros.O conxunto da agroindustria dividiuse
en seis grandes sectores: cárnicas; lácteas; de
alimentación animal; vinícolas e de alcohois; de
manipulación e procesado de flores, tubérculos
e productos hortofructícolas; e por último, un
grupo heteroxéneo doutras agroindustrias no que se inclúen
todas aquelas actividades que non teñen cabida en nengún
dos outros apartados. |
| Instituto Nacional de Estadística |
Encuesta
sobre la estructura de las explotaciones agrícolas |
O obxectivo
básico desta enquisa é obter información
homologable á esixida pola UE ós seus estados membros,
e coñecer a estructura actual do sector agrario e a súa
evolución respecto ó censo agrario de 1989 e respecto ás
enquisas anteriores. Investígaronse 45.391 explotacións
agrícolas e os resultados preséntanse a nivel CC.AA. |
| INDUSTRIA E ENERXIA |
| Instituto Nacional de Estadística |
Indice
de Producción Industrial |
É un indicador
que mide a evolución mensual da actividade productiva
das ramas industriais, excluida a construcción, contidas
na CNAE-93 . Para a súa realízase unha enquisa
que investiga tódolos meses máis de 9.000 establecimientos.
Calcúlanse índices para o total da industria e
dos sectores industriais segundo a CNAE, e ademáis preséntanse
os índices cunha clasificación alternativa, segundo
o destino económico dos bens. Obtense tamén un
indice xeral por CC.AA. calculando a estructura de ponderacións
en cada comunidade e aplicando este sistema de pesos, diferente
en cada territorio, ós índices das distintas actividades
industriales. O actual IPIE , base 1990, é reforma do
anterior, base 1972 e presenta a súa metodoloxía
armonizada co IPI dos países da UE. |
| Instituto Nacional de Estadística |
Encuesta
Industrial de Empresas |
Trátase dunha
enquisa anual que ten como obxectivo fundamental proporcionar
información dos diversos sectores que constitúen
a actividade industrial. A enquisa refírese ó conxunto
de empresas con actividade principal industrial (seccións
C a E da CNAE-93) e ubicadas no territorio estatal. A cada enquisado
se lle solicita a información máis relevante para
estudia- la situación estructural da actividade industrial
dende a óptica dos ingresos e dos gastos. Ademáis
obteñense datos sobre o investimento realizado e os impostos
sobre a actividade productiva. Os resultados ofrecense a nivel
nacional para cada un dos 100 sectores considerados e por CC.AA.
para 13 agrupacións de actividad. |
| Instituto Nacional de Estadística |
Encuesta
Industrial Anual de Productos |
Trátase
dunha operación estatística anual destinada a proporcionar,
no menor tempo posible, unha información precisa e fiable
sobre un conxunto de productos industriais (ó rredor de
5000) que cubren unha parte importante do sector industrial español.
Estes productos definense a partir da lista PRODCOM da UE, lista
de productos e servicios industriais harmonizados coa Clasificación
do Comercio Exterior ou coa Nomenclatura Combinada da UE, co
que se facilita a comparacion entre as estatísticas de
producción industrial coas de comercio exterior. As táboas
ofrecen unha valoración individualizada dos principais
productos industriais, con detalle ata nivel de C.A. e 14 grandes
grupos de actividades, segundo a CNAE-93. |
| CONSTRUCCIÓN E VIVENDA |
| Instituto Galego de Estatística |
Estatística
de edificaci ón e vivenda |
O obxectivo desta
estatística é obter, para os dez anos que median
entre o Censo de Edificios e Locais, os datos máis relevantes
da actividade de edificación, e particularmente, da edificación
de vivendas. A fonte de información básica son
as licencias de edificación que conceden os Concellos
e como subministrador da mesma o responsable (promotor ou técnico)
da mesma. A información permite coñecer datos como éstos:
características xerais da obras (clase de promotor, localización,
rexime legal), número e características dos edificios
(destino, superficie, número de plantas, prazas de garaxe,
tipoloxía constructiva, etc.), número e características
das vivendas (superficie útil, habitacións,etc.)
e presupostos da execución material das obras. |
| SEOPAN |
Informe
trimestral sobre el sector de la construcción |
Analiza en primeiro
lugar a conxuntura económica estatal para logo adicar
3 capítulos a analizar o sector, dende a perspectiva do
conxunto do Estado, a perspectiva rexional e a perspectiva comunitaria.
Inclúe información sobre VEB do sector, emprego
no mesmo, vivendas iniciadas e rematadas, licitación pública
de obras (cunha desagregación ata nivel provincial), etc. |
| Ministerio de Fomento |
Encuesta
coyuntural de la industria de la construcción |
A estatística
incorpora unha análise descriptiva das principais características
da evolución do sector no último ano e as tendencias
observadas. |
| Ministerio de Fomento |
Licitación
oficial en construcción |
Anualmente
o Ministerio publica estes datos a partir da información
publicada en el BOE, los Boletines de las CC.AA. Y los Boletines
Oficiales Locales |
| Ministerio de Fomento |
Indice
de precios de las viviendas |
A estatística
ofrece os resultados correspondentes ó Indice de Precios
de la Vivienda o Estadística del precio del m2 de la vivienda
que anualmente elabora o Ministerio de Fomento. A fonte de información
para a súa elaboración son os datos suministrados
polas principais Entidades Financeiras de Tasación. |
| Tinsa, Tasaciones Inmobiliarias,
S.A. |
Boletin
de coyuntura inmobiliaria |
Os
datos do informe pretenden segui-los prezos do mercado da vivenda.
Obteñense na valoracion e tasación de inmobles
que realiza Tinsa, xa que non existe unha estatística
de prezos oficial detallada. Preséntanse prezos da vivendas
libre nova e usada para as capitais de provincias e para outras
cidades importantes de cada provincia. |
| COMERCIO E TURISMO |
| Instituto Nacional de Estadística |
Indices
de comercio al por menor |
O obxectivo desta
estatística é coñece-las características
fundamentais das empresas adicadas ó exercicio do comercio
minorista en España para, a partir deses datos, medir
a curto prazo a evolución da actividade do sector. A base
do "Índice" é a media mensual do volume
de vendas e a media trimestral dos asalariados no ano 94. Estudianse
as empresas que teñen como actividade principal o comercio ó por
menor (división 52 da CNAE-93) excepto algunhas actividades
concretas. |
| Instituto Galego de Estatística |
Conxuntura
no sector turístico |
Para cada mes a
estatística ofrece datos sobre: gasto diario medio por
turista en hoteis de 3 ou máis estrelas, gastos total
do turismo neses establecementos, ocupación hoteleira
(viaxeiros, pernoctacions, grao de ocupacion e estadía
media), datos de turismo rural (viaxeiros, pernoctacions, grao
de ocupacion e estadía media) e unha análise das
expectativas turísticas para o seguinte trimestre, baseada
nas tendencias do grao de ocupación agardado. |
| Instituto Nacional de Estadística |
Movimiento
de viajeros en establecimientos hoteleros |
Proporciona
informacion sobre a oferta e a demanda de aloxamento nos establecementos
hoteleiros en España. A mostra está feita entre
uns 6.000 hoteis que permiten coa información suministrada,
elaborar diversos indicadores sobre o movemento de viaxeiros
(desagreagados ata o nivel provincia): viaxeiros e pernoctacións
por categoría de hoteis e país de residencia dos
viaxeiros, grao de ocupación e estadía media |
| Instituto Nacional de Estadística |
Encuesta
sobre la estructura de las empresas hoteleras |
Tenta
incorporar a nova metodoloxía do sector servicios ó estudio
das características propias do sector hoteleiro, seguindo
a normativa de Eurostat, cun obxectivo básico: coñecer
cal é o grao de concentración empresarial na xestión
dos establecementos hoteleiros, tendo en conta o seu número,
a súa capacidade, a súa categoría, e a súa
distribución a nivel rexional. A enquisa refírese ás
actividades comprendidas nos subgrupos 55.11 e 55.12 da sección
H da CNAE-93 e as empresas con sede social en España. |
| Instituto Nacional de Estadística |
Movimiento
de viajeros en acampamentos |
A estatística
ofrece información sobre a oferta e demanda de alonxamento
que prestan os campings. Os datos teñen unha desagregación
ata nivel C.A. Recollese información a partir dunha mostra
de 1100 establecementos e o INE elabora indicadores como : número
de viaxeiros e pernoctacions segundo categoría dos establecementos
e país de procedencia dos viaxeiros, grao de ocupación,
persoal empregado, etc. |
| Instituto Nacional de Estadística |
Encuesta
de ocupacion hotelera |
Esta
nova Encuesta sustitúe e amplía á antiga "Encuesta
de Movimiento de Viajeros en Establecimientos Hoteleros".
Investiganse tódolos establecementos inscritos como tales
nos correspondentes rexstros das CC.AA. e se ofrecen datos novos
que antes non se incluían: prezos medios, persoal empregado
e expectativas de ocupación a dous e tres meses. A información
atópase desagregada ata nivel provincia. |
| Instituto de Estudios Turísticos |
Ultimos
datos del turismo |
O Instituto
de Estudios Turísticos, dependente do Ministerio de Economía
y Hacienda, ofrece unha selección de estatísticas
sobre o sector que permiten segui-la evolución conxuntural
do mesmo. Entre outras: "Movimientos Turísticos en
Fronteras", "Coyuntura turística", "El
turismo en España: avance de resultados" |
| TRANSPORTE E COMUNICACIÓN |
| Correos y Telégrafos |
Memoria
anual |
Recolle, ademáis
de información de contas e resulltados desta empresa pública,
información sobre investimentos realizados nas diferentes
CC.AA. e tráfico (enviós nacidos e distribuidos) ó longo
do ano de referencia. |
| Instituto Nacional de Estadística |
Transporte
de viajeros interior regular |
Trátase dunha
estatística que recolle información sobre o número
de viaxeiros transportados polas empresas metropolitanas e as
adicadas ó transporte urbano de viaxeiros de autobús
en todo o Estado. A información obtense a partir dunha
mostra de mais de 350 empresas de transporte de viaxeiros en
autobus. |
| Ministerio del Interior-Dirección
General de Tráfico |
Anuario
Estadístico General |
Ofrece
datos relativos a conductores, vehículos, denuncias e
accidentes relativos ó ano de referencia.e unha serie
estatística dos anos anteriores. En materia de vehículos,
a análise comprende datos sobre matriculación,
transferencias, baixas e parque nacional de automoveis. A información
ten unha desagregación territorial que chega ata niveis
provinciais. |
| AENA |
Tráfico
aéreo: estadística y evolución |
Estatísticas
do tráfico aéreo de cada un dos aeroportos. |
| Ministerio de Fomento |
Boletín
Estatístico |
Recopila
a información máis relevante,entre a existente
con periodicidade trimestral e mensual, que se refire á construcción
e vivenda, ó transporte, ás comunicacións
e á propia xestion do Ministerio e os seus OO.AA. |
| Puertos del Estado-Departamento de
Estadística |
Estadísticas
Portuarias |
Pódense
consultar, en táboas ou gráficos, os datos mensuais,
o dato anual acumulado e as variacións interanuais das
principais ciffras das actividades de transporte desenvoltas
nas Autoridades Portuarias do Estado: tráfico interior,
avituallamento,graneis sólidos, graneis liquidos, número
de contenedores, pasaxeiros, etc. Ofrecense datos distribuidos
para cada unha das Autoridades Portuarias. |
| Ministerio de Fomento |
Anuario
estadístico |
A publicacion
estructúrase en 3 bloques: no primeiro deles recopilase
a informacion presupostaria de gastos do Ministerio e dos seus
OO.AA., así como os seus datos económicos e financeiros
máis significativos; o segundo bloque de informacion contén
datos relativos a solo, edificación e vivenda. O terceiro
bloque inclúe información sobre transportes e comunicacións,
tanto no referido ás infraestructuras como no referido ás
actividade xeral destes dous sectores. |
| Instituto Galego de Vivenda e Solo |
Guía
de parques empresariais |
O IGVS
ofrece información na súa páxina web sobre
os parques empresariais galegos que funcionan na actualidade.
Para cada un deles preséntase un plano da súa ordenación
e os principais datos sobre servicios, parcelas, prezos, etc. |
| BANCA E SERVIZOS FINANCEIROS |
| Bolsa de Madrid |
Empresas
cotizadas en Bolsa |
Na
páxina web da Bolsa de Madrid, atópase disponible
información de cada unha das empresas que cotizan na mesma.
Ofrece datos propios das empresas (cifra de negocios, beneficios
consolidados) e datos da evolución das cotizacións
na Bolsa: número de accións, capitalización, último
prezo do período, etc. |
| INFORMACIÓN E DESENVOLVEMENTO
TECNOLÓXICO |
| Instituto Nacional de Estadística |
Innovación
Tecnológica en las empresas |
Facilita
información sobre a estructura do proceso de innovación
das empresas españolas e permite amosa-las relacións
entre o dito proceso e a estratexia tecnolóxica das empresas
e o rendemento económico das innovacións. A enquisa
vai dirixida ás empresas industriais que teñen
como actividade económica as correspondentes coas seccións
C, D e E da CNAE-93 e as empresas de servicios de telecomunicacións.
Faise entre preto de 10.000 empresas de tódolo territorio
estatal. |
| Instituto Nacional de Estadística |
Estadística
sobre actividades en Investigación Científica
y Desarrollo Tecnológico (I+D) |
O obxectivo desta
estatística é medi-los recursos económicos
e humanos destinados a investigación por tódolos
sectores (empresas, administracións públicas, ensino
superior e instittucións privadas sen fins de lucro) co
fin de coñecer o esforzo en I+D. Estudiase o gasto interior
en I+D e o de cada un dos sectores, calquera que sexa a orixe
dos fondos e a nacionalidade do financiador, e o persoal adicado,
en equivalencia á dedicación plena (persoas/ano) |
| SECTOR EXTERIOR |
| Instituto de Comercio Exterior |
Base
de datos ESTACOM (Estad ísticas de Comercio Exterior) |
A base
de datos ESTACOM contén información procedente
da Agencia Tributaria (Departamento de Aduanas e Impuestos Especiales).
Podense facer catorce consultas, agrupadas en catro categorías
de datos: evolución mensual do comercio exterior, estatísticas
de comercio exterior a zonas xeográficas ou países
determinados (incluindo rankings de países e/ou productos),
estatísticas comparativas interanuais e balanza comercial
comparativa.
A desagregación da información chega ó nivel
provincia. |
| Instituto Galego de Estatística |
Comercio
exterior e intracomunitario de Galicia |
Avance de datos
mensuais e resumen anual do comercio exterior galego. Os datos
que se facilitan son: principais productos de exportación
e importación, distribución das importacións
e exportacións por areas xeográficas de orixe e
destino e distribución provincial do comercio exterior.
A fonte de información básica é a Agencia
Tributaria, concretamente a Dirección General de Aduanas
e Impuestos Especiales. |
| POBOACIÓN E DEMOGRAFÍA |
| Instituto Nacional de Estadística |
Extranjeros
residentes en España |
Neste traballo estatístico,
o INE recolle o número de estranxeiros residentes en España.
A información elabórase a partir dos datos proporcionados
polo Registro de Extranjeros Residentes da Dirección General
da Policía do Ministerio del Interior. No resumo de resultados
que se dispón na páxina web, pode atoparse información
do efectivo de estranxeiros residentes nas CC.AA. |
| Instituto Nacional de Estadística |
Cifras
oficiales de población |
Esta estatística
presenta as cifras de poboación referidas ó 1 de
xaneiro de 1998, que son as resultantes da revisión do
Padrón municipal de 1996, e que foron declaradas oficiais
polo Goberno central mediante Real Decreto en marzo de 1999.
A partir de este momento o INE vai presentar cifras de poboación
con carácter anual, a diferencia do que sucedía
anteriormente en que as cifras oficiais obtenianse como moito
cada 5 anos. A información detallada que ofrece o INE
fai referencia á Revisión do Padrón Municipal
de Habitantes a 1 de xaneiro de 1998 e á Renovación
do Padrón Municipal de Habitantes a 1 de mayo de 1996 |
| Instituto Nacional de Estadística |
Población
de municipios a 1-5-1996 |
O INE
presenta os datos de poboación en tódolos municipios
do Estado a 1 de maio de 1996 e a súa distribución
entre homes e mulleres. |
| Instituto Nacional de Estadística |
Movimiento
natural de la población |
A publicación
recolle información a nivel estatal e por CC.AA. de nacementos,
defuncións, matrimonios e crecemento vexetativo. |
| Instituto Galego de Estatística |
Padrón
municipal de habitantes e estatística de poboación |
Aproveitando
a Renovación Padroal de 1996, o IGE en cooperación
cos concellos galegos puxo en marcha a realización desta
Estatistica de Poboación de Galicia, mediante a cal se
pretende obter datos demográficos e sociais da poboación
dos municipios galegos, complementarios dos que son obrigatorios
de cumprimentar no Padrón. Para cada concello ofrecese
información sobre: poboación de dereito segundo
sexo, grupos de idade e lugar de nacemento, poboación
de 10 e máis anos segundo titulación academica,
poboación de 16 e máis anos segundo relación
coa actividade económica, poboación ocupada segundo
rama de actividade económica, profesión e situación
profesional e poboación parada segundo sector de actividade
económica. |
| Instituto Nacional de Estadística |
Estadística
de variaciones residenciales |
A estatística é elaborada
polo INE a partir da explotación da información
relativa ás altas e baixas nos padróns municipais
debidas a cambios de residencia, obtendo así os fluxos
migratorios anuais, tanto os interiores entre os diferentes municipios
de España, como o fluxo inmigratorio procedente do estranxeiro
Ofrece os seguintes datos: migracións interiores (saldo migratorio
segundo CC.AA.); inmigracións procedentes do estranxeiro (segundo
C.A de destino e segundo país de procedencia); e efectivos estranxeiros
residentes en España (segundo C.A. de residencia e segundo país
de procedencia). |
| Instituto Galego de Estatística |
Movementos
migratorios |
O IGE
ofrece estes datos cun nivel de desagregación territorial
que chega a concellos e comarcas. Preséntanse datos sobre
emigrantes, inmigrantes, saldo migratorio e migracións
interprovinciais. |
| Instituto Galego de Estatística |
Movemento
natural da poboación |
O IGE
recolle na súa páxina web información sobre
o movemento natural da poboación para o total da C.A.,
cada unha das provincias e cada un dos concellos. A información
agrúpase en 3 series: nacementos, defuncións e
matrimonios. |
| SAÚDE E CONDICIÓNS DE VIDA |
| Instituto Nacional de Estadística |
Enfermedades
de declaración obligatoria |
A información é proporcionada
polo Centro Nacional de Epidemiología do Ministerio de
Sanidad y Consumo. A vixilancia epidemiolóxica das enfermidades
transmisibles se realiza a través do Sistema de Enfermedades
de Declaración Obligatoria (EDO) que, a partir da observación
continuada da aparición e distribución dos casos
das enfermidades consideradas, permite establecer patróns
de risco e a adopción de medidas de control pertinentes.
O sistema ten catro niveis: local, provincial, autonómico
e estatal. A declaración é obrigatoria para tódolos
médicos de atención primaria.
Os datos preséntanse distribuidos de forma mensual, agregando as
semanas de xeito que se contabilizan 12 periodos |
| EDUCACIÓN E CULTURA |
| Comisión Interuniversitaria de Galicia |
Estatísticas
do Sistema Universitario de Galicia |
Estatísticas
sobre o sistema universitario da C.A.: alumnos matriculados (número
e porcentaxe) segundo as preferencias escollidas nas 3 universidades. |
| Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria |
Guia
do ensino de Galicia |
Esta Guía
ofrece información básica necesaria para coñecer
como está estructurada a ensinanza secundaria en Galicia.
Indícanse as condicións de acceso, duración,
plans de estudio, titulacións e saídas que ofrece
a Formación Profesional, o BUP, COU, ciclos formativos
de grao medio e superior, ensinanzas artísticas e novos
bacharelatos, así como aqueles aspectos que teñen
que ver coas conexións e validacións entre unhas
e outras ensinanzas. |
| Ministerio de Educación y
Cultura |
Serie
e Indicadores del Gasto Público en Educación |
Esta
estatística amosa o gasto destinado a educación
polo conxunto das Administracións Públicas . Este
gasto aparece desagregado de acordo a distintos criterios, como
o tipo de Administración, a actividade educativa ou a
natureza económica do mesmo, ademáis de porse en
relación con algunhas magnitudes macroeconómicas
como o PIB ou o gasto público total. |
| Ministerio de Educación y
Cultura |
Datos
y cifras: curso escolar 19... |
Preséntanse
datos estimados do inicio do curso escolar sobre as principais
variables da educación a tódolos niveis do istema
educativo. A información estructúrase a dous niveis:
nivel nacional e ámbito MEC. |
| Instituto Nacional de Estadística |
Estadística
de la enseñanza superior en España |
O obxectivo
fundamental desta estatística é o coñecemento
das características máis relevantes do alumnado
(o de novo ingreso, o matriculado e o que rematou), persoal docente
e centros, que permita obter unha visión xeral do alcance
e volume do ensino superior en España. A estatística
presenta un avance de datos para o curso seguinte ó recollido
anualmente. |
| Ministerio de Educación y
Cultura |
Estadística
de la enseñanza en España: datos avances del
curso... |
A estatística
facilita unha primeira información básica sobre
as seguintes ensinanzas: E. Infantill, E. Primaria, E. Especial,
ESO, B.U.P. e C.O.U. (presencial e a distancia), Bacharelato
LOGSE, Bacharelato Experimental. FP 1º e 2º graos, Ciclos Formativos
de F.P./Módulos Profesionales (presencial e a distancia),
Programas de Garantía Social e E. Artes Plásticas
e Deseño. Se presenta información do curso: alumnado
matriculado, profesorado, centros docentes e unidades escolares.
Os datos atópanse desagregados territorialmente ata nivel
provincia e teñen carácter provisional, ata que
posteriormente son incluidos nas series definitivas. |
| Universidade da Coruña |
Datos
estatísticos curso 19... |
A UDC
ofrece unha recopilación de información estatística
de cada curso na que presenta datos de: alumnos (segundo ciclos,
licenciatura/diplomaturas, etc.) doutores, profesorado, PAS,
oferta de prazas, etc. |
| Asociación para la Investigación
de Medios de Comunicación |
Audiencia
general de los medios |
Estudio
anual sobre as audiencias dos medios de comunicación (television,
radio, prensa, Internet, etc.). Ofrece datos segundo diferentes
categorías e a desagregados ata nivel de C.A. |
| Instituto Nacional de Estadística |
Estadística
de la Producción Editorial |
A estatística
abarca a producción de publicacións non periódicas
impresas e editadas en España e as impresas en España
procedentes de editoriais estranxeiras, con algunhas excepcións
(publicacións publicitarias, e outras categorías).
Os datos iniciais proveñen dos libros que cada impresor
entrega directamente na sección do Depósito Legal
da Biblioteca Nacional, da documentación que a acompaña
e das fichas que elabora a Axencia Española do ISBN. |
| Oficina de Justificación de
la Difusión |
Estadística
de medios impresos |
Estatísticas
de tirada e difusión dos medios impresos controlados pola
OJD. Para o caso galego hai estatisticas de tódolos diarios
e das edicións galegas dos xornais estatais máis
importantes |
| Instituto Nacional de Estadística |
Estadística
de Bibliotecas |
Os
obxectivos fundamentais desta operación estatística
son proporcionar informacion relativa ó equipamento físico
e humano de tódalas categorías de bibliotecas,
excepto as escolares e as privadas que non permiten acceso público)
; medi-las variacións bienais que se producen na actividade
das bibliotecas, e avalia-lo financiamento destinado a esta actividade. |
| MEDIO AMBIENTE |
| Ministerio de Medio Ambiente |
Informe
de coyuntura |
Publicación
do Ministerio de Medio Ambiente que tenta ofrecer os datos mensuais
clave do sector. A finais de ano preséntase, tamén
disponible na web, unha síntese anual. |
| CONSUMO |
| Instituto Galego de Consumo |
Memoria
anual |
Nesta publicación
aparecen as actividades desenvolvidas polo IGC ó longo
do ano de referencia. No apartado estatístico a Memoria
ofrece información sobre as actividades da Xunta Arbitral
de Consumo e as reclamacións interpostas nesta materia
na C.A. |
| Instituto Nacional de Estadística |
Encuesta
Continua de Presupuestos Familiares. Base 1997 |
A ECPF suministra
información trimestral e anual sobre a natureza e destino
dos gastos de consumo, así como sobre diversas características
relevantes ás condicións de vida dos fogares. A
partir do terceiro trimestre de 1997, a enquisa foi sometida
a importantes cambios metodolóxicos, con axustes na mecánica
de recollida e incremento do tamaño das mostras, o que
permite realizar estimacións por CC.AA. e adaptala ós
requisitos da UE. |
| Instituto Galego de Consumo |
Memoria
anual da Xunta de Arbitraxe de Consumo |
Memoria,
con datos estatísticos anuais, do Sistema Arbitral de
Consumo da C.A. galega |
| PROTECCIÓN SOCIAL |
| Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales-Subdirección
General de Estadísticas Laborales y Sociales |
Prestaciones
no contributivas |
O Ministerio ofrece,
dentro do "Boletín de Estadisticas Laborales" e
a partir dos ficheiros de xestión do IMSERSO e da Seguidad
Social información sobre as seguintes prestacions: pensións
non contributivas, pensións asistenciais e prestacións
sociais e económicas da LISMI. A información ofrécese
para o total do Estado e para as CC.AA. |
| Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales-Subdirección
General de Estadísticas Laborales y Sociales |
Prestaciones
por desempleo |
Dentro do "Boletín
de Estadísticas Laborales", preséntanse datos
correspondentes ás prestacións por desemprego,
nos seus dous niveis, contributivo e asistencial, provenientes
dos ficheiros do INEM. Ofrécese información para
cada provincia. |
| Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales-Subdirección
General de Estadísticas Laborales y Sociales |
Pensiones
contributivas del sistema de la Seguridad Social |
Dentro
do Boletín de Estadísticas Laborales do Ministerio,
atópase esta estatística que inclue datos sobre
4 tipos de pensións: incapacidade permanente, xubilación,
viúdez e orfandade e favor de familiares. Os datos desagregados
ata niveis de C.A., fan referencia a altas e baixas, e pensións
e importes medios destas segundo tipo e rexime. A información
procede dos ficheiros de xestión do INSS. |
| Instituto Galego de Estatística |
Seguridade
Social (Traballadores afiliados en alta laboral) |
A partir
dos datos do Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, o IGE
ofrece información mensual e medias anuais dos traballadores
galegos afiliados ós reximes da Seguridad Social. A información
distribúese segundo reximes (total da C.A. e datos provinciais)
e ramas de actividades da CNAE-74 (soamente total da C.A.) |
| Instituto Nacional de Estadística |
Estadística
de indicadores hospitalarios |
Esta
estatística ven a complementar á "Estadística
de Establecimientos Sanitarios con Regimen de Internado",
que tamén elabora o INE. Esta pretende ofrcer unha información
resumida e sintética da actividade asistencial que ten
lugar en tódolos centros hospitalarios do Estado, así como
dos recursos humanos e a dotación de medios materiais
coa que contaron para realizala. A desagregación dos datos
chega a nivel de C.A. |
|