| Ministerio de Trabajo y Asuntos
Sociales-Subdireccion General de Estadísticas Sociales y Laborales |
Anuario
de estadísticas laborales y de asuntos sociales |
O Anuario estructúrase
en 4 bloques básicos: mercado de traballo, formación profesional
e medidas de apoio ó emprego, condicións de traballo e relacións
laborais e protección e apoio social. Ofrece información
para o ano de referencia e datos dos 4 anos anteriores. |
| Ministerio de Trabajo y Asuntos
Sociales-Subdirección General de Estadísticas Laborales
y Sociales |
Boletín
de Estadísticas Laborales |
O Boletín
recolle mensualmente tódalas cifras sobre o mercado de traballo
no Estado, dividíndoas en diferentes puntos: EPA, Encuesta de
Coyuntura Laboral, Movimiento Laboral Registrado, Afiliación
de trabajadores al sistema de la Seguridad Social, Empresas inscritas
en la Seguridad Social, Apertura de centros de trabajo, Empresas de
trabajo temporal, Cooperativas, Sociedades Laborales, Permisos de trabajo
a extranjeros, Accidentes de trabajo y enfermedades profesionales,
Convenios colectivos, Huelgas, Encuesta de salarios, Asuntos judiciales
sociales, Mediacion, arbitraje y conciliación, Regulación
de empleo, Fondo de Garantía Salarial, Pensiones contributivas
del sistema de la Seguridad Social, Prestaciones no contributivas e
Prestaciones por desempleo.
Os datos preséntanse en taboas con series anuais
dende 1990 na maioria dos casos. A desagregación chega a nivel
provincia. |
| Instituto Nacional
de Estadística |
Encuesta
del Coste de la Mano de Obra |
Trátase
dunha operación estatísticaa cuatrienal, realizada no
marco da UE con criterios comúns de metodolóxicos co
fin de obter unha serie de resultados comparables entre tódolos
estados membros. A unidade estatística empregada é a
conta de cotización á Seguridade Social pertencentes
a empresas con dez ou máis traballadores dados de alta en decembro
do ano de referencia. A enquisa investiga tódolos centros que
teñan como actividade económica a Industria, Construcción
e Servicios, é dicir, os que están incluidos entre as
seccións C e K da CNAE-93.
Os componentes dos custos laborais dos que a enquisa
ofrece datos son: soldos e salarios brutos, cotizacións obligatorias á Seguridad
Social, cotizacións voluntarias, prestacións sociais
directas, indemnizacións por despido, outros gastos (en formación
profesional, transporte, etc.), subvencións e custos netos. |
|
Instituto Nacional
de Estadística |
Encuesta
de Población Activa |
A
finalidade principal da EPA é obter datos da forza de traballo
e das súas diversas categorías (ocupados, parados) así como
da poboación allea ó mercado laboral (inactivos). A mostra
inicial é de 70.000 familias ó trimestre, quedando reducida
na práctica a aproximadamente 65.000 familias entrevistadas dun
xeito efectivo, o que equivale a unhas 200.000 persoas. Os datos de ocupados,
parados, e as taxas de ocupación e paro teñen unha desagregación
xeográfica ata o nivel provincia. |
| Ministerio de Trabajo
y Asuntos Sociales |
Estadística
de accidentes de trabajo 19... |
Recolle
exclusivamente os datos de accidentes que causan baixa do traballador
e teñen ocurrido durante a xornada de traballo. Os datos poden
diferir lixeiramente dos publicados no "Boletin de Estadísticas
Laborales". Os datos desta estatística deben considerarse os definitvos. |
| Ministerio de Trabajo
y Asuntos Sociales |
Estadística
de convenio colectivos de trabajo 19... |
Ofrece
información sobre convenios colectivos que inician os seus efectos
no ano de referencia. Os datos compleméntanse cun comentario sobre
as cifras. |
| Ministerio de Trabajo
y Asuntos Sociales |
Estadística
de huelgas y cierres patronales 19.. |
Ofrece
os datos estatísticos máis relevantes da conflictividade
laboral durante o ano de referencia, complementando a información
que se recolle mensualmente no Boletín de Estadísticas
Laborales. As táboas estructúranse en dous bloques: dunha
banda, conflictos desenvolvidos no ano, con datos sobre folgas e peches
patronais; e doutra banda, ofrécese información complementaria
sobre a repercusión territorial dos conflictos, chegando ata niveis
provinciais. |
| Ministerio de Trabajo
y Asuntos Sociales |
Estadística
de regulación de empleo 19.. |
O
obxectivo da publicación é ofrecer información estatística
sobre os expedientes de regulación de emprego rematados durante
o ano de referencia e especialmente ó referido ós expedientes
autorizados e ós traballadores afectados polos mesmos. A información
complementa á difundida no Boletín de Estadísticas
Laborales do propio Ministerio |
| Instituto Nacional
de Empleo |
Estadística
de empleo |
A
estatística ofrece, a partir dos ficheiros administrativos das
oficinas de emprego e do ISM, información sobre: altas e baixas
de demanda de emprego e causas da baixa, demandantes de emprego (paro
rexistrado), ofertas rexistradas, baixa de ofertas, colocacións
(xestionadas polas oficinas ou comunicadas ás oficinas polos empregadores)
e postos de traballo ofrecidos. A información pode ser consultada
mensualmente ou ben por anos dende 1996. A desagregación dos datos
chega a niveis provinciais. |
| Instituto Nacional
de Empleo |
Estadística
de contratos registrados |
Ofrece
información sobre os diferentes tipos de contatos rexistrados
nas oficinas de emprego segundo modalidades de contratación, sectores
de actividade económica, grupos de ocupación e colectivos
contratados. A información recolle datos mensuais e acumulados
dende decembro de 1996 e a desagregación chega o nivel provincia
no caso da información segundo tipo de contratos. |
| Instituto Galego de
Estatística |
Enquisa
de Poboación Activa en Galicia |
O
IGE explota os datos trimestrais da EPA e ofrece información detallada
sobre as variables básicas para a análise do mercado de
traballo en Galicia. A información divídese en dous grupos:
dunha banda, os datos desglósanse por provincias e doutra, ofrecese
información para o total de Galicia. En ambolos dous grupos, os
distintos cadros recollen información do trimestre anterior. |
| Ministerio de Trabajo
y Asuntos Sociales |
Estadística
de mediación, arbitraje y conciliación 19... |
O
seu obxectivo é proporcionar información estatística
sobre as conciliacións e mediacións entre empresarios e
traballadores realizadas ó longo do ano de referencia diante da
autoridade laboral competente. O primeiro apartado contén información
sobre as conciliacións individuais, as colectivas e as mediacións
levadas a cabo en tódolo territorio estatal. O segundo apartado
ofrece información sobre aquelas conciliacións rematadas
en despedimentos. |
| Instituto Nacional
de Estadística |
Estadística
de Sociedades Mercantiles |
O
obxectivo desta estatística é medi-la demografía
das sociedades, ofrecendo datos mensuais das sociedades creadas, das
sociedades disoltas e daquelas nas que se produciron modificacións
de capital. Preséntanse os datos por provincias, comunidades autónomas
e total estatal a partir dos datos suministrados polo Registro Mercantil
Central que recolle información de tódolo territorio estatal.
A fonte concreta dos datos son as inscricións de sociedades e
a data de referencia é a da inscrición da operación. |
| Instituto Nacional
de Estadística |
Estadística
de Suspensiones de pagos y Declaraciones de quiebras |
Recolle
información sobre o número de expedientes de suspensións
de pagamentos e declaracións de quebra que se inician nos Xulgados
de Primera Instancia e Instrucción no Estado. O mes de referencia é aquel
no que se inicia o expediente. Preséntanse datos a nivel provincial
do número de suspensións e quebras, así como do
activo e pasivo das empresas que están nesas situacións.Tamén
se clasifican segundo actividad económica e natureza xurídica
da empresa, a clase de quebra, a causa da suspensión e a proposición
de pago. |
| Consorcio Zona Franca
de Vigo-Servicios Avanzados |
Ardan
Galicia: Directorio e informe económico financiero
|
A
Guía obtén os datos a partir das contas que as empresas
depositan anualmente no Registro Mercantil.Dende o numero correspondente
a 1999, inclúese na Guía unha análise das chamadas "empresa
gacela" e das empresas de alto rendemento, así como unha análise
das actividades empresariais segundo comarcas. |