| Comisión Interuniversitaria
de Galicia |
Estatísticas
do Sistema Universitario de Galicia |
Estatísticas
sobre o sistema universitario da C.A.: alumnos matriculados (número
e porcentaxe) segundo as preferencias escollidas nas 3 universidades. |
| Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria |
Guia
do ensino de Galicia |
Esta Guía
ofrece información básica necesaria para coñecer
como está estructurada a ensinanza secundaria en Galicia. Indícanse
as condicións de acceso, duración, plans de estudio, titulacións
e saídas que ofrece a Formación Profesional, o BUP, COU,
ciclos formativos de grao medio e superior, ensinanzas artísticas
e novos bacharelatos, así como aqueles aspectos que teñen
que ver coas conexións e validacións entre unhas e outras
ensinanzas. |
| Ministerio de Educación
y Cultura |
Serie
e Indicadores del Gasto Público en Educación |
Esta
estatística amosa o gasto destinado a educación polo conxunto
das Administracións Públicas . Este gasto aparece desagregado
de acordo a distintos criterios, como o tipo de Administración,
a actividade educativa ou a natureza económica do mesmo, ademáis
de porse en relación con algunhas magnitudes macroeconómicas
como o PIB ou o gasto público total. |
|
Ministerio de Educación y Cultura |
Datos
y cifras: curso escolar ... |
Preséntanse
datos estimados do inicio do curso escolar sobre as principais variables
da educación a tódolos niveis do istema educativo. A información
estructúrase a dous niveis: nivel nacional e ámbito MEC. |
| Instituto Nacional
de Estadística |
Estadística
de la enseñanza superior en España |
O
obxectivo fundamental desta estatística é o coñecemento
das características máis relevantes do alumnado (o de novo
ingreso, o matriculado e o que rematou), persoal docente e centros, que
permita obter unha visión xeral do alcance e volume do ensino
superior en España. A estatística presenta un avance de
datos para o curso seguinte ó recollido anualmente. |
| Ministerio de Educación
y Cultura |
Estadística
de la enseñanza en España: datos avances del curso... |
A
estatística facilita unha primeira información básica
sobre as seguintes ensinanzas: E. Infantill, E. Primaria, E. Especial,
ESO, B.U.P. e C.O.U. (presencial e a distancia), Bacharelato LOGSE, Bacharelato
Experimental. FP 1º e 2º graos, Ciclos Formativos de F.P./Módulos
Profesionales (presencial e a distancia), Programas de Garantía
Social e E. Artes Plásticas e Deseño. Se presenta información
do curso: alumnado matriculado, profesorado, centros docentes e unidades
escolares. Os datos atópanse desagregados territorialmente ata
nivel provincia e teñen carácter provisional, ata que posteriormente
son incluidos nas series definitivas. |
| Universidade da Coruña |
Datos
estatísticos curso 19... |
A
UDC ofrece unha recopilación de información estatística
de cada curso na que presenta datos de: alumnos (segundo ciclos, licenciatura/diplomaturas,
etc.) doutores, profesorado, PAS, oferta de prazas, etc. |
| Instituto Nacional
de Estadística |
Estadística
de la Producción Editorial |
A
estatística abarca a producción de publicacións
non periódicas impresas e editadas en España e as impresas
en España procedentes de editoriais estranxeiras, con algunhas
excepcións (publicacións publicitarias, e outras categorías).
Os datos iniciais proveñen dos libros que cada impresor entrega
directamente na sección do Depósito Legal da Biblioteca
Nacional, da documentación que a acompaña e das fichas
que elabora a Axencia Española do ISBN. |
| Instituto Nacional
de Estadística |
Estadística
de Bibliotecas |
Os
obxectivos fundamentais desta operación estatística son
proporcionar informacion relativa ó equipamento físico
e humano de tódalas categorías de bibliotecas, excepto
as escolares e as privadas que non permiten acceso público) ;
medi-las variacións bienais que se producen na actividade das
bibliotecas, e avalia-lo financiamento destinado a esta actividade.
A desagregación territorial dos datos chega a nivel
provincial. |