| Instituto Galego de Estatística |
Estatística
de edificación e vivenda |
O obxectivo desta
estatística é obter, para os dez anos que median entre
o Censo de Edificios e Locais, os datos máis relevantes da actividade
de edificación, e particularmente, da edificación de vivendas.
A fonte de información básica son as licencias de edificación
que conceden os Concellos e como subministrador da mesma o responsable
(promotor ou técnico) da mesma. A información permite coñecer
datos como éstos: características xerais da obras (clase
de promotor, localización, rexime legal), número e características
dos edificios (destino, superficie, número de plantas, prazas
de garaxe, tipoloxía constructiva, etc.), número e características
das vivendas (superficie útil, habitacións,etc.) e presupostos
da execución material das obras. |
| SEOPAN |
Informe
trimestral sobre el sector de la construcción
|
Analiza en primeiro
lugar a conxuntura económica estatal para logo adicar 3 capítulos
a analizar o sector, dende a perspectiva do conxunto do Estado, a perspectiva
rexional e a perspectiva comunitaria. Inclúe información
sobre VEB do sector, emprego no mesmo, vivendas iniciadas e rematadas,
licitación pública de obras (cunha desagregación
ata nivel provincial), etc. |
| Ministerio de Fomento |
Encuesta
coyuntural de la industria de la construcción |
A
estatística incorpora unha análise descriptiva das principais
características da evolución do sector no último
ano e as tendencias observadas. |
| Ministerio de Fomento |
Licitación
oficial en construcción |
Anualmente
o Ministerio publica estes datos a partir da información publicada
en el BOE, los Boletines de las CC.AA. Y los Boletines Oficiales Locales |
| Ministerio de Fomento |
Indice
de precios de las viviendas
|
A
estatística ofrece os resultados correspondentes ó Indice
de Precios de la Vivienda o Estadística del precio del m2 de la
vivienda que anualmente elabora o Ministerio de Fomento. A fonte de información
para a súa elaboración son os datos suministrados polas
principais Entidades Financeiras de Tasación. |
| Tinsa, Tasaciones
Inmobiliarias, S.A. |
Boletin
de coyuntura inmobiliaria |
Os
datos do informe pretenden segui-los prezos do mercado da vivenda. Obteñense
na valoracion e tasación de inmobles que realiza Tinsa, xa que
non existe unha estatística de prezos oficial detallada. Preséntanse
prezos da vivendas libre nova e usada para as capitais de provincias
e para outras cidades importantes de cada provincia. |