| Instituto Nacional de Estadística |
Indices
de comercio al por menor |
O obxectivo desta
estatística é coñece-las características
fundamentais das empresas adicadas ó exercicio do comercio minorista
en España para, a partir deses datos, medir a curto prazo a evolución
da actividade do sector. A base do "Índice" é a media mensual
do volume de vendas e a media trimestral dos asalariados no ano 94. Estudianse
as empresas que teñen como actividade principal o comercio ó por
menor (división 52 da CNAE-93) excepto algunhas actividades concretas. |
| Instituto Galego de Estatística |
Conxuntura
no sector turístico |
Para cada mes
a estatística ofrece datos sobre: gasto diario medio por turista
en hoteis de 3 ou máis estrelas, gastos total do turismo neses
establecementos, ocupación hoteleira (viaxeiros, pernoctacions,
grao de ocupacion e estadía media), datos de turismo rural (viaxeiros,
pernoctacions, grao de ocupacion e estadía media) e unha análise
das expectativas turísticas para o seguinte trimestre, baseada
nas tendencias do grao de ocupación agardado. |
| Instituto Nacional
de Estadística |
Movimiento
de viajeros en establecimientos hoteleros |
Proporciona
informacion sobre a oferta e a demanda de aloxamento nos establecementos
hoteleiros en España. A mostra está feita entre uns 6.000
hoteis que permiten coa información suministrada, elaborar diversos
indicadores sobre o movemento de viaxeiros (desagreagados ata o nivel
provincia): viaxeiros e pernoctacións por categoría de
hoteis e país de residencia dos viaxeiros, grao de ocupación
e estadía media |
| Instituto Nacional
de Estadística |
Encuesta
sobre la estructura de las empresas hoteleras |
Tenta
incorporar a nova metodoloxía do sector servicios ó estudio
das características propias do sector hoteleiro, seguindo a normativa
de Eurostat, cun obxectivo básico: coñecer cal é o
grao de concentración empresarial na xestión dos establecementos
hoteleiros, tendo en conta o seu número, a súa capacidade,
a súa categoría, e a súa distribución a nivel
rexional. A enquisa refírese ás actividades comprendidas
nos subgrupos 55.11 e 55.12 da sección H da CNAE-93 e as empresas
con sede social en España. |
| Instituto Nacional
de Estadística |
Movimiento
de viajeros en acampamentos
|
A
estatística ofrece información sobre a oferta e demanda
de alonxamento que prestan os campings. Os datos teñen unha desagregación
ata nivel C.A. Recollese información a partir dunha mostra de
1100 establecementos e o INE elabora indicadores como : número
de viaxeiros e pernoctacions segundo categoría dos establecementos
e país de procedencia dos viaxeiros, grao de ocupación,
persoal empregado, etc. |
| Instituto Nacional
de Estadística |
Encuesta
de ocupacion hotelera |
Esta
nova Encuesta sustitúe e amplía á antiga "Encuesta
de Movimiento de Viajeros en Establecimientos Hoteleros". Investiganse
tódolos establecementos inscritos como tales nos correspondentes
rexstros das CC.AA. e se ofrecen datos novos que antes non se incluían:
prezos medios, persoal empregado e expectativas de ocupación a
dous e tres meses. A información atópase desagregada ata
nivel provincia. |
| Instituto de Estudios
Turísticos |
Ultimos
datos del turismo
|
O
Instituto de Estudios Turísticos, dependente do Ministerio de
Economía y Hacienda, ofrece unha selección de estatísticas
sobre o sector que permiten segui-la evolución conxuntural do
mesmo. Entre outras: "Movimientos Turísticos en Fronteras", "Coyuntura
turística", "El turismo en España: avance de resultados" |