CENTRO DE DOCUMENTACIÓN

O Centro de Documentación e apoio ó Consello é unha das pezas claves para o correcto e máis eficiente funcionamento do CES. A súa función é facilitar ós membros do Consello e ó Gabinete Técnico tódolos datos que podan necesitar para as súas reunións e para unha axeitada toma de decisións. Constitúese como un soporte informativo-documental para a elaboración dos informes, dictames e outros traballos realizados polo Consello.

Aínda que o seu obxectivo fundamental é facilitar os últimos e máis fiables datos ós membros do Consello, o Centro de Documentación está aberto a calquera cidadán que necesite dispoñer de información especializada na realidade económica e social de Galicia, tanto nos soportes tradicionais como a través das novas tecnoloxías da información.