inicio - Benvida da presidenta

Benvida da presidenta

 

Benvidos ao sitio web do Consello Económico e Social de Galicia, unha fiestra as actividades e traballos deste organismo consultivo aberta cara á sociedade.
 
O Consello Económico e Social é un órgano consultivo da Xunta de Galicia creado para facilitar a participación dos axentes socioeconómicos e dos representantes da sociedade civil organizada no proceso de toma de decisións. Xa desde a súa creación, a imaxe de organismos homólogos de entidade nacional ou europea, o CES configúrase como un foro permanente de diálogo e deliberación entre os axentes económicos e sociais e os poderes políticos.
 
O Consello é, deste xeito, a plataforma de diálogo e participación de organizacións cidadáns de todo tipo, un elemento que semella imprescindible na consecución dunha mellor calidade democrática das nosas sociedades. Traballamos cada día para que este principio fundacional sexa unha realidade útil aos galegos e galegas.
 
No momento actual, estimo que é fundamental atopar vías de consenso. É un momento de escoitar, de abrir o máximo diálogo, de buscar consensos positivos entre posiciones diferentes, entre intereses lexítimos enfrontados, nunha busca contínua de acordos.
 
So así, coa aportación do conxunto do tecido social, na miña opinión, seremos quen de atopar vías de saída e proxectar un futuro de sostibilidade e cohesión social.
 
Este é o empeño que recollemos agora na web. Agardo que a visita a estas páxinas lle resulte interesante e útil.
 
Corina Porro Martínez